Dende que se estableceu un contador estatístico para este blog en xullo de 2010 ata hoxe, víronse 10.026 páxinas deste blog, o que supón unha media de máis de 1.000 accesos mensuais. Ademáis, a tendencia é clara ó crecemento, pasando dunhas 500 visitas/mes nas primeiras datas ata superar as 2.000 visitas/mes dende xaneiro de 2011.
Das 214 entradas deste blog, a máis vista, con máis de 200 visitas ata hoxe, é de 15 de xuño de 2010, e corresponde o título: Adormideras, el mejor Instituto de la ciudad en selectividad.
Parece que a calidade do ensino preocupa.
Tamén tiveron gran interese as adicadas a alumnos como Pablo Bocelo ou Sara Dono e as que enlazan cos nosos álbumes de fotos. Os éxitos e a creatividade do noso alumnado son uns dos focos de atención sobranceiros destas páxinas.
O noso público, como é lóxico, é maioritariamente español, aínda que no último mes víronse máis de 1.000 páxinas dende Francia: milagros da rede, xa que non hai entradas en francés neste blog. Animádevos a escribir en francés, xa que o éxito parece asegurado.
Gracias a todos polo voso interese e participación: seguiremos informando do que pasa no IES Adormideras coas aportacións de todos os que desexen colaborar.
0 comentarios