Éxito de Cristina no I Certame de monólogos cómicos

por - 27.4.11

A alumna do IES Adormideras Cristina García Aradas de 1º B (Bacharelato) resultou premiada na 3ª categoría (bacharelato e FP) do I CERTAME DE MONÓLOGOS CÓMICOS DE BOCA EN BOCA, que se celebrou o pasado xoves, 14 de abril na sede da Fundación Novacaixagalicia.

Trátouse dun concurso para a mocidade dos institutos da bisbarra coruñesa. Os xoves debían desenvolver un discursiño humorístico en tres minutos, baseado en ditos e refranes galegos. Cristina amosou un gran inxeño no seu parlamento: Dámoslle a noraboa, así como ó seu compañeiro Brais Piñeiro, que tamén participou.

Este concurso foi unha iniciativa do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) co apoio da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello de A Coruña. Esperamos que teña continuidade nos vindeiros anos.

You May Also Like

0 comentarios


---