En efecto, visitounos o mago Richard o venres, día 15 de abril, para pechar o trimestre no IES Adormideras cun bó sabor de boca.
Asistiron os alumnos de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato, que seguiron expectantes a máxica actuación. Foron moi aplaudidas as intervencións de alumnos e profesores do centro.
O alumno Santiago Martín amosou as súas habilidades cos naipes, demostrando que sabe aproveitar ben o seu tempo libre.
Resultou especialmente memorable o intento do mago de guillotinar a man esquerda de Eva Martínez, profesora de lingua española.
E se seguira logo, pola dereita?, preguntábanse algúns rapaces, o que lle impediría exercer o seu traballo de "guillotinar" alumnos en dita materia, xa que non podería empuñar un boli vermello (coñecida arma de destrucción masiva). Desgraciadamente, o inxenio do mago Richard limitouse a cercenar verduras, deixando milagrosamente ilesa a extremidade de dita profesora: outra vez será.
0 comentarios