A exposición de fin de curso 2011

por - 18.6.11

Organizada por Mª Luisa García e inaugurada o sábado 21 de maio, día da graduación do alumnado de 2º de bacharelato, pódese ver unha selección dos seus traballos elaborados na asignatura de debuxo artístico que se atopa na Sala de exposicións do IES Adormideras.

Aínda que as fotos que vos presentamos non fan xusticia ás obras, cremos que podedes apreciar a calidade de moitos dos traballos colgados, que nos fai esperar grandes éxitos no futuro para os rapaces.


You May Also Like

0 comentarios


---