Evocación mariña en Adormideras

por - 2.9.11


Instalouse este verán no hall de entrada do IES Adormideras un mural de tema mariño, no que as ondas e un gran polbo, cabalgado por unha rapaza, crean ritmos circulares de gran atractivo visual.
Este orixinal traballo  débese ás alumnas de 2ºC (2010-11) do bacharelato artístico, Lidia Cambón, Uxía Larrosa, Xulia Vicente e Raquel Yáñez.
Foron dirixidas pola profesora de Debuxo Artístico Mª Luisa García.

Parabéns polo resultado obtido.

You May Also Like

0 comentarios


---