Visita a Sargadelos

por - 21.11.11


Os días 14, 15 e 16 de novembro os alumnos e a profesora da materia de Volume de 1º de BAC C, D e E, do Bacharelato de Artes, fixemos unha visita á fábrica de cerámica que a empresa Sargadelos ten en O Castro, Sada.

1º BAC C

1º BAC D

1º BAC E

Tivemos a oportunidade de visitar as instalacións, cunha guía que nos explicaba o proceso de fabricación das súas figuras de cerámica. Nesta primeira presentación podedes ver algunhas imaxes da visita.


   


Pero creo que o máis interesante para todos foi poder elaborar a súa propia obra, seguindo as indicacións da monitora, Beatriz Lema. Nesta outra presentación podedes ver o proceso de creación dunha cunca, en arxila, empregando un molde de escaiola. Unha vez fóra do molde, cada un a decorou con esmalte, coas tradicionais cores de Sargadelos. O resultado final non o poderemos ver ata despóis de que sexa cocida no forno da fábrica. Están todos impacientes por poder levalas a casa!


 

You May Also Like

2 comentarios

  1. ¡Vaya cara tienen algunas! (En la presentación de diapositivas).

    ResponderEliminar
  2. Buen trabajo y los comentarios y fotos muy interesantes

    ResponderEliminar


---