Presentación da nosa oferta educativa ao futuro alumnado

por - 11.2.12

O serán do pasado luns, 6 de febreiro, tivo lugar o acto de presentación da oferta educativa do IES Plurilingüe Adormideras aos pais e alumnos dos colexios adscritos que tiñan interese en coñecernos. Consistiu nunha presentación no salón de Actos e un percorrido polo centro, guiados pola directora e a xefa de estudios.

Esperamos contar con eles como alumnos o próximo curso, se así o deciden os rapaces mailas súas familias.

You May Also Like

0 comentarios


---