II CERTAME DE FOTOGRAFIA ARTISTICA

por - 16.3.12


-->

II CERTAME DE FOTOGRAFIA ARTISTICA I.E.S ADORMIDERAS

Constará de dúas temáticas:
1ª temática: Emocións
-A obra deberá ser orixinal e valorarase a creatividade do autor e da obra presentada.
-Permitirase o uso da composición dixital (valorarase o pouco uso do photpshop e outros programas).
2ª temática: libre
-A temática é libre totalmente, sen restricións .
-Valorarase o uso mínimo do photoshop, quedando o uso limitado so para os niveis de contraste, luz e cor.
Bases do concurso:
-Poderanse presentar todos os alumnos de 1º e 2º de bacharelato e poderán participar nas dúas categorías, entregando unha fotografía por categoría.
-A fotografía presentada pode estar feita con cámara analóxica ou dixital e presentarase sobre soporte de papel fotográfico que non exceda o tamaño A4.
-A presentación das obras faranse en dous sobres por cada categoría: un debe conter a fotografía, o título e a descrición. Noutro irán os datos que identifiquen ao concursante (DNI, nome,tfo de contacto e curso). Pola cara exterior de cada sobre figurará o pseudónimo que identifique ao concursante e á categoría á que corresponda.
-A entrega realizarase en conserxería.

Primeiro premio: Os dous primeiros premios (temática emocións e libre) faránselle impresións maiores, exporanse no centro e faránselle entrega dunha camiseta e un regalo sorpresa.
Segundo premio: Farase unha mención especial por parte do xurado e publicaranse xunto co primeiro premio na revista Mapoula do I.E.S Adormideras.

Iniciativa de:
Angel Ramos Regueira                            Miguel Alejandro Sislian Suez
Dirixido por:
Andrea Ures Cerviño                                    Aitana Tubio Rodriguez

You May Also Like

1 comentarios

  1. Se debería hacer una versión para alumnos de ESO

    ResponderEliminar


---