O XUÍZO FINAL AGÁRDANOS

por - 28.4.12

Neste fin de curso, seguide a ruta de pelegrinación que conduce ata a terceiro andar. Tomade a vía pentencial ata chegar ao fondo: alí espéravos unha sagrada imaxe, que vos anuncia á próximidade da aula de relixión.

Para decorar a porta, un tema apropiado: O Pantocrátor. Sí, velaí co Libro da Verdade, que chega a xulgar aos vivos e aos mortos,... como a profesora de relixión fará neste final de curso.

Esta imaxe admonitoria foi piadosamente ofrecida por Marcos Caride, María Rodríguez, Lucía Solano e Ana Varela (2º C Bach.). Tamén os pincéis de Eva Arochena, Isabel Peláez e Lucía Yáñez tocaron a sacra figura. A mestra do obradoiro, Ana Pita.

Para ter unha iluminación, un croque aquí. Amén.

You May Also Like

0 comentarios


---