Percorrido pola Cidade Medieval

por - 19.4.12



Por Francesco Malagoli Alonso e Jesús Torres Martín (2ºA ESO).
O día 7 de marzo, fomos de excursión aos monumentos e edificios antigos da cidade da Coruña. As 9:30 horas, partimos do instituto á praza de María Pita.
Alí,atopámonos a dous guías que nos falaron sobre a historia de María Pita, e como ela expulsou a os ingleses. Foi unha muller moi valiente. Mais tarde, levaronnos hasta a Porta de Aires. Chámase así, ou porque facían moitas correntes de aire, ou porque vivía un nobre que se apelidaba Aires.
Seguimos pola Colexiata ( de Santa María do Campo). Foi edificada no século XIII, onde a súa portada principal está ornamentada cunha Epifanía ou Adoración dos Reis. Tamén pasamos por a Casa Cornide e o Museo Arte Sacro (ainda que non entramos nel). Descubrimos que a Casa de María Pita foi convertida nun museo.
Visitamos moitas igrexas. Unha delas foi a Igrexa de Sto. Domingo, a cal tiña un efecto óptico porque parece que está torcida. Tamén visitamos a igrexa de Santiago, que tiña na entrada principal un rosetón.
 
Cerca do Museo Militar ( Igrexa da Orde Terceira) encontramos un xardín moi amplio, onde nos dixeron que estaba enterrado o xeneral Sir John Moore, e que un día ao ano visitabao a súa defunta muller e lle deixaba unha fror. Estivo moi ben esta parte.

No final, dirixímonos ao instituto, sabendo un pouco máis da cidade en que vivimos.

You May Also Like

0 comentarios


---