ALÁ FORON AS NOSAS ILUSIÓNS!!!!!

por - 24.5.12




CAMPIONATO DE FÚTBOL INTERCENTROS

O primeiro partido (Ver fotos) de intercentros xogouse contra o equipo do IES Blanco-Amor. Os xogadores do IES Adormideras era a primeira vez que xogaban xuntos e un mal comezo fixo que o Blanco-Amor se adiantase no marcador por tres goles a cero. A continuación, o noso equipo reduciu distancias por mediación de Amir, pero un par de fallos defensivos e outro acerto en ataque tamén de Amir, deixaron o marcador final en cinco a dous.

O segundo partido disputouse contra o Colexio das Esclavas. Neste partido o equipo funcionou moi ben pero non tivo sorte en ataque; isto, acompañado do acerto do porteiro das Esclavas que sacou tres remates clarísimos de Borja, Manrike e David Savater, fixo que o equipo perdese por dous a cero debido aos dous únicos erros defensivos que tivo o equipo. O primeiro gol das Esclavas foi no minuto oitenta e sete e o segundo nun ataque cando O Adormideras estaba tirado arriba.

O desenvolvemento do terceiro partido (Ver fotos) transcurriu nos campos da Torre contra o Puga Ramón. Foi en época de exames, polo tanto moitos dos nosos xogadores non puideron asistir ao encontró e tiveron que xogar dez contra once. Os nosos futbolistas deron a cara pero ao final dos noventa minutos perderon por dous a un co gol de Amir. Ao remate do partido revisáronse os DNI dos xogadores rivais e outorgóusenos a vitoria por alineación indebida. Polo tanto este partido gañouse por tres a cero.

O último encontró disputouse contra o colexio Fogar de Santa Margarida á volta de vacacións de Semana Santa, por iso faltou moita xente, só acudiron nove xogadores. A isto débese engadir que o partido era frente ao equipo máis poderoso do grupo, ao que conseguimos marcarlle un gol por mediación de Javi Martínez. Ao final dos primeiros corenta e cinco minutos tivemos que retirarnos porque varios xogadores lesionados e outros que debían marcharse por diversos compromisos, deixáronnos sen suficientes efectivos para continuar xogando. Perdimos o partido por tres a cero debido á retirada.

Desde o meu punto de vista a mala sorte, a falta de xogadores e a mala colocación dos partidos no calendario mermaron a un equipo que tiña unha plantilla o suficientemente competitiva para acadar a fase seguinte e facer un bo papel na mesma.

David Savater 1º A Bacharelato.

You May Also Like

0 comentarios


---