Que fas, Migueliño?

por - 7.5.12

Xunto á porta do ascensor un rapaz con gorra espera pacentemente. Sabedes quen é? Pois, o Migueliño, o personaxe de Castelao que agarda a volta do seu pai emigrante.
O tipo debe ser famoso no IES Adormideras, xa que este ano tamén lle adicaron unha porta pintada.

Tanto tempo leva xa na espera que houbo que darlle un repaso. Disto ocupáronse  Santiago Martín, Luis Lloréns e Carlos Gallego. Lustráronlle os zapatos con betún escuro e, a gorra tinxíronllela de negro.

E alí segue o Migueliño, facendo garda a carón do ascensor, como podedes ver aquí.

You May Also Like

0 comentarios


---