Exposición fin de curso 2011-12

por - 29.6.12

Outro ano máis quixemos expoñer os traballos dos alumnos de Artes como unha das actividades de fin de curso e para acompañar os actos de graduación.

Tentamos que estivera representado todo o alumnado de 2º coas súas mellores obras.

Unha sección está adicada ao tema da crise, titulado "Panorama actual". Observaredes que ísto tocoulles a fibra sensible e conseguiron resultados moi expresivos e dunha gran calidade técnica.

Poderíamos tamén sinalar outro tema, que estaba en torno ao coñecemento da anatomía humana e que o plantexaron como unha mestura entre o analítico e o artístico.

Para ver as fotos, premer no enlace.

You May Also Like

0 comentarios


---