Roma , citta aperta

por - 26.6.12





O día 20 deste mes de xuño un grupo de alumnos de 4º de E.S.O. e 1º de Bac fixeron unha excursión a cidade  de Roma acompañados pola profesora de Latín e grego.,Inés Sánchez Pereiro.
Marchamos ilusionados, pero nerviosos pola incertidume da nova experiencia que íamos levar a cabo.
A viaxe fíxose en combinación co I.E.S. Concepción Arenal de Ferrol, e hai que resaltar a boa sintonía que tiveron os alumnos dod dous centros, iniciando amizades que posiblemente terán unha continuidade.
O balance ,que eu como responsable podo facer , é altamente positivo polo bo comportamento  que amosaron os  alumnos do noso centro. Vaia por diante o meu agradecemento a eles e as familias .
Agardo que para eles fose unha experiencia inesquecible o mesmo que o foi para min.
As fotos da excursión fixéronas Andrea García e Jennifer Álvarez.
Pinchade neste enlace.

You May Also Like

0 comentarios


---