Visita ao MAC

por - 28.1.13

1º BAC B e C
1ª BAC B e D

Os pasados días 10 e 11 de xaneiro os alumnos da materia de Volume de 1º BAC B, C e D visitamos o Museo de arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa (MAC), que ata hai pouco chamábase MACUF.

O noso guía, Jorge, levounos a facer un percorrido por alguhas das esculturas que forman parte da súa colección permanente. Puidemos ver como os artistas traballaron os distintos materiais, como a madeira, ferro, aceiro, pedra e ata alfinetes.

Visitamos tamén a exposición temporal do artista Daniel Canogar, que consistía en instalacións que xogaban coa luz e distintos materiais. As salas estaban case completamente escuras, polo que era un pouco difícil facer fotografías, pero de todos os xeitos o intentamos. Foi unha exposición sorprendente e moi suxerente. Sen dúbida, a que máis nos gustou.

E, por último, puidemos ver un pouco da exposición do fotógrafo Henri Lartigue. Podedes ver máis imaxes da visita na seguinte presentación.




You May Also Like

0 comentarios


---