Homenaxe a Xapón en Cabana de Bergantiños

por - 15.3.13

 Como xa informáramos, o luns, día 11 de marzo, conmemorábase o segundo aniversario do tsunami de Xapón cun acto na Praza do Pendón de Cabana de Bergantiños no que o IES Adormideras tivo participación, xa que se erixía un monolito decorado cun mural-puzzle cerámico no que traballaron os nosos alumnos.

Podedes ver o discurso, que informa sobre as circunstancias da homenaxe en xeral e da execución do mural. Tamén podedes asistir á INTERPRETACIÓN dos HIMNOS XAPONÉS E GALEGO polo trompetista Manu Paino. Así apreciaredes ben o mal tempo que acompañou ó acto. Hai tamén un album de FOTOGRAFÍAS.

O acto foi recollido tamén polos medios de comunicación, como no PROGRAMA "A REVISTA" da TELEVISIÓN DE GALICIA (A partir do minuto 45). Nos medios escritos aparecen referencias en La Voz de Galicia e o Diario de Bergantiños.

Gracias a Ángel Eiroa, do Concello de Cabana, por proporcionarnos toda esta información.

You May Also Like

0 comentarios


---