Pezas de Cerámica

por - 2.3.13

A continuación podedes ver as pezas de cerámica que elaboramos os alumnos de Volume de 1º de BAC B, C e D durante a visita á fábrica de Sargadelos en O Castro, Sada. Tardaron un pouco de tempo en chegar ás nosas mans, mentres se secaban e eran cocidas nos seus fornos.

Como podedes ver, son tazóns de cerámica que modelamos en cerámica de gres, sobre un molde de escaiola e que decoramos con distintas texturas e esmaltes de cores.

Lamentablemente, este ano tiveron un pequeno accidente durante a cocción e moitas das pezas resultaron rotas. Unha mágoa, pero ás veces estas cousas pasan nos traballos artesanais...


You May Also Like

0 comentarios


---