Congreso LQDVI

por - 18.4.13

O pasado venres 5 de abril, uns cantos alumnos do centro acudimos a escoitar as conferencias do congreso Lo Que de Verdad Importa, que se ven celebrando xa desde hai uns anos en distintas cidades españolas e entre elas a nosa. 

Como podedes ver nas fotografías, PALEXCO encheuse de estudantes para escoitar aos invitados deste ano: María de Villota, Haze e María Bellón, contando as súas impactantes historias. Pasamos unha estupenda mañá todos, reflexionando sobre o que de verdade importa na vida.

Este ano botamos de menos á nosa profesora Mar, que esperemos que para o curso que ven nos poida acompañar na próxima edición do congreso.

Podedes ver algunhas imaxes do congreso na seguinte presentación e tamén escoitar as conferencias de congresos anteriores no enlace á páxina dos organizadores.



You May Also Like

0 comentarios


---