Día da árbore no IES Adormideras

por - 3.4.13

 

“As árbores son as columnas da terra. O día que as cortaran todas, o ceo caerá sobre nos”.
 Proverbio hindú. 

O pasado día 21 de marzo íase celebrar no IES Adormideras o Día da Árbore , pero a alerta laranxa o fixo imposible.
Por iso, o fixemos o día seguinte, cun sinxelo acto no que participaron os alumnos de 3º ESO-B. Consistiu na plantación no xardín dianteiro do Centro dunha árbore. Trátase dunha drácena real, doada polo viveiro "Tallos e fillos". Que prospere.
Podedes ver as fotos neste enlace.


You May Also Like

0 comentarios


---