Premio ao noso alumno: Lois Búa

por - 4.6.13

Hoxe queremos darvos unha boa noticia. O noso alumno de 1º de BAC D do Bacharelato de Artes Lois Búa, foi seleccionado como gañador da 1ª fase do concurso Fresh Art DKV. Competiu con máis de 1500 obras de diversas categorías de creación artística, avaliadas por un xurado de expertos (no concurso había un apartado para votación do público a través da rede, mais sabemos que non é o mesmo...)

Nesta 1ª fase, o premio consiste en participar, xunto cos outros 20 gañadores, no V Campus DKV Fresh Art 2013 na Facultade de Belas Arte da Universidade Politécnica de Valencia, durante unha semana do mes de xullo. Alí poderá formarse en diferentes materias artísticas e deberá elaborar unha obra que será sometida ao veredicto do xurado para a 2ª fase do concurso, no que se elexirán tres premiados finais.

Moitas felicidades para o gañador, pola calidade do teu traballlo e por ter a oportunidade de avanzar no teu proceso creativo e de aprendizaxe cun premio tan interesante. Desfruta da estancia en Valencia e moita sorte para a seguinte fase!

A obra galardonada é unha serie de fotografías, tres autorretratos concretamente, que se titulan EGO.



You May Also Like

2 comentarios


---