UNHA SEMANA EN OS PEARES

por - 19.11.13

O noso centro foi seleccionado , de entre 150 solicitudes de outros centros, para participar nun curso de inmersión lingüística en Inglés nos Peares, en Lugo.

25 alumnos de 2º da ESO abandonaron durante unha semana as nosas aulas para poder mellorar dun xeito activo os seus coñecementos de Inglés.

Para estimular a aprendizaxe e facer a estadía máis atractiva para os rapaces , a aprendizaxe da lingua inglesa en clases de inglés se combina con actividades culturais en inglés tales como talleres de música e arte.

Xunto cos nosos alumnos están a participar da estadía outros 71 estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) e do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños).

Esperamos que estean a aprender moito, a facer amigos e o estean a pasar moi ben en Os Peares, un lugar as portas da Ribeira Sacra , onde tres ríos, o Miño, o Sil e o Búbal xuntanse nun paraje fermoso.

You May Also Like

0 comentarios


---