Exposición da nosa alumna Violeta

por - 2.3.18

Hoxe queremos facernos eco dunha exposición moi interesante, co título de MÁIS QUE MUSAS.  Inaugúrase mañá sábado 3 de marzo en Santiago de Compostela, e nela participa a nosa alumna Violeta Moldes (@vio.jpg) con algunhas das súas ilustracións.

Violeta está cursando 2º de BAC e quizáis recordedes que o curso pasado foi a gañadora do concurso para elaborar a portada do número especial da Revista Mapoula co que celebramos o 25 aniversario do noso instituto.

Parabéns, Violeta, e moita sorte coa exposición e agardamos que sexa só a primeira de moitas!








You May Also Like

0 comentarios


---