O departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración
coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e
Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi de USA), organizou o pasado venres 6 de abril na Facultade de Física de Santiago, unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de
Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Entre ditos estudantes, estiveron catro do noso
instituto.
A xornada, denominada “Física de Partículas coas mans”, consistiu nunha serie de conferencias
sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo; os
resultados foron discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos.
0 comentarios