Non nos gusta compartir malas noticias como ésta sobre o peche do museo MAC da nosa cidade. Supón unha grande perda para todos e especialmente para os nosos alumnos, que o visitaron as súas exposicións e desfrutaron das súas actividades pedagóxicas en numerosas ocasións. Tanto, que se animaron a elaborar nas clases de Fundamentos de Deseño de Carolina Miraz estes carteis en protesta polo peche.
Asímesmo, o Departamento de Artes Plásticas fíxolles chegar un escrito de apoio polo bo trato recibido polo persoal do museo durante todos estes anos. Os últimos días de apertura do museo, antes de rematar o 2018, estes carteis e o texto enviado colgaron dunha das paredes do edificio.
Grazas e ata sempre!
Hai unha semana
0 comentarios