Proxecto Ahorrarte

por - 29.3.19

Os alumnos de 4º ESO A e B de Economía e Iniciativas Emprendedoras lanzáronse este ano a participar no concurso Valores de Futuro do BBVA, proxecto que pretende educar con valores asociados á responsabilidade e ao esforzo do aforro.

Os rapaces contan, ademáis, coa axuda dos alumnos de 2º BAC E. Sobre todo coa parte máis audiovisual do proxecto.

Apoiándose en que a maioría dos rapaces queren estudar a modalidade artística do bacharelato decidiron que ían empregar o premio nunha viaxe a Roma, sen dúbida unha das capitais do arte.

Para lograr este obxetivo fixeron unha campaña basada nos valores cos que eles queren construír o futuro, entre eles a sensibilidade artística, a solidariedade ou o bo uso do diñeiro.


Ao longo de todo o proxecto foron recaudando diñeiro mediante diversas actividades. Entre elas atópanse a venda de repostería tradicional como filloas, rosquillas ou orellas, durante a celebración do Entroido. E tamén a venta de rosas feitas de regaliz en San Valentín. Actualmente estase celebrtando un torneo de fútbol que conta coa participación de todos os cursos do centro.

A súa actividade de maior atractivo cremos que será o Adormifest, un festival de primavera que contará con actuacións musicais de alumnos do centro e de grupos musicais invitados. Completan o cartel cun monólogo dunhas antigas alumnas do centro, parte do grupo teatral Noite Bohemia.

Tamén está sento moi ben valorado o seu blog convertíndose no mellor de todo o noroeste peninsular. Invitámosvos a que sigades as súas publicacións a través do blog e tamén da súa conta de Instagram, desde onde vos informarán das actividades durante todo o proxecto.


Alba Caamaño Regueira, 2º BAC E












You May Also Like

0 comentarios


---