A celebración do Entroido sempre é un día moi especial no instituto. Os disfraces máis orixinais e creativos e o bo ambiente enchen os nosos pasillos durante a mañá. Este ano, ademáis, estivemos ben alimentados cos doces tradicionais que puxeron á venda o alumnado do proxecto Ahorrarte. E, por suposto, desfrutamos do festival con concurso de disfraces, actuacións musicais, malabares e algunha que outra actuaciópn moi especial.
Quizáis xa estivéchedes seguindo as publicacións que fixemos dende a nosa conta de Instagram e de Facebook, pero non queremos deixar de compartir tamén por aquí algunhas das imaxes do día. Podedes ver máis visitando este enlace.
0 comentarios