A nova web

por - 16.5.19

Efectivamente, desde hai unhas semanas contamos cunha nova web do centro, aloxada nos servidores da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Podedes visitala directamente a través da dirección iesadormideras.es ou desde este outro acceso. Aínda estamos traballando na súa posta en marcha, polo que atoparedes algunhas seccións sen encher completamente. A páxina antiga seguirá estando operativa durante algún tempo.

Esta nova páxina permítenos publicar con máis fluidez, así que vos recomendamos que a visitedes de cando en vez, para estar ao tanto de

  • aspectos que teñen que ver coa organización do centro, 
  • novas de interese,
  • convocatorias e datas salientables,
  • información dos departamentos didácticos.
Podedes atopalas con facilidade na directamente na páxina principal da web.

Recordámosvos tamén que este blog desde o que vos escribimos é un lugar de encontro para rexistrar o día a día da vida no centro, as nosas actividades, as notas de prensa sobre nós, noticias sobre alumnos e exalumnos... Para estar informado do que respecta a información académica, visitade a web.

Invitámosvos a visitarnos e seguirnos nas nosas redes sociais. Cada unha ten as súas peculiaridades, así que atoparedes diferentes tipos de contido nelas. En Facebook compartimos as publicacións do blog e enlaces a noticias de interese, como actividades culturais e deportivas na cidade, convocatorias a concursos, etc. En Instagram sabedes que o contido é sobre todo visual e inmediato e en Twitter intentamos colgar algo tamén de cando en vez, ainda que nos resulta moi difícil seguir o ritmo.




You May Also Like

0 comentarios


---