Carla Gómez, un prodixio do clarinete

por - 8.5.19

A nosa alumna de 1º ESO, Carla Gómez, ven de participar no concurso de talentos de RTVE1, Prodixios. Con só 13 anos, Carla pode presumir dun estupendo currículo e unha máis que prometedora carreira musical.

Nada na Coruña en 2006, a nosa artista comeza aos cinco anos na Escola de Músicos de A Coruña. Á idade de 9 anos, é seleccionada no 1º Concurso de Interpretación Mozos Solistas de Galicia. Con 10 anos, Carla xa é gañadora de premios nacionais e internacionais, sempre en categorías superiores á súa idade: en Italia, New York, Berlin, Londres, Portugal…, acadando o Premio especial “Absolut Winner" na International Competition for Clarinet, en Praga.

Queremos felicitar a Carla pola súa participación no programa e por chegar á semifinal na categoría de instrumento solista. Para nós xa eres unha gañadora!

Se queredes apreciar por vós mesmos o seu talento co clarinete, invitámosvos a ver estes vídeos da súa interpretación no programa:










You May Also Like

0 comentarios


---