Durante o segundo trimestre do curso, os alumnos de Volume de 1º de Bacharelato volveron visitar a fábrica de cerámica de Sargadelos en O Castro, Sada. Debido á crise sufrida pola empresa nestes últimos anos, as actividades pedagóxicas que levaban a cabo foron suspendidas. A nós resultannos sempre nmoi porveitosas e interesantes, así que agardamos que teñan continuidade no futuro.
A alumna de 1º BAC C, Laura Goiriz Lorenzo relátanos a súa experiencia neste artigo:
Na mañá do día 13 de marzo acudimos a Sargadelos na compaña de Montse e Isabel, unha alumna en prácticas do Máster de profesorado que anteriormente estudara en Adormideras.
Despois dunha pequena espera a un dos integrantes de Sargadelos entramos no Seminario de Estudos Cerámicos onde elaboramos unha cunca de porcelana feita coa técnica de molde.
Unha vez rematada a cunca baixamos ao auditorio onde nos puxeron un vídeo contando a historia de Sargadelos creada en 1947 e o seu funcionamento como a primeira fábrica de cerámica de Galicia.
Rematado o vídeo voltamos á fábrica onde puidemos ver paso a paso a creación de todos os obxectos.
Acto seguido visitamos a galería e a tenda e acudimos outra vez ao seminario onde estaban as nosas cuncas para rematalas dándolles un toque de cor coma as que representan a esta empresa.
Estamos impacientes por recibilas e ver o resultado final!

0 comentarios