O pasado 12 de xuño unha representación do equipo Ahorrarte, encabezado polas alumnas Marta González e Cristina Blanco e a profesora Lucía Sáez, acudiron á final do concurso de aforro Valores de Futuro BBVA, onde competiron polo premio cos outros seis equipos das distintas delegacións territoriais de España.
Lamentablemente, volveron sen acadar o premio, pero con grandes experiencias no bolsillo e co orgullo de ter traballado durante todo o curso co resto dos compañeiros da materia de Economóa, Obradoiro de Iniciativas emprendedoras e todos os alumnos e profesores doutros cursos que colaboraron con eles.
Para nós, seguides a ser gañadores!
Deixámosvos con algunhas imaxes da gala, das distintas entrevistas que lles fixeron e da súa estadía por Madrid.
0 comentarios