Ahorrarte na Gran final de Valores de Futuro BBVA

por - 10.6.19

Xa levamos días compartíndoo nas nosas redes sociais, pero non queremos deixar de escribir por aquí a emoción de agardar á intervención dos nosos alumnos do Proxecto Ahorrarte, na gran gala final que terá lugar o proximo mércores 12, en Madrid.

Dúas das nosas alumnas, acompañadas pola profesora impulsora do proxecto, Lucía Sáez de Baquedano, defenderán o seu proxecto de aforro fronte a outros seis centros de toda España,

Se o queredes ver na distancia, a gala será retransmitida en directo na canle de Facebook de Valores de Futuro.

Desexámosvos boa viaxe e moitos éxitos! Ainda que, veñades ou non co premio, para nós xa sodes gañadores por todo o traballo que fixestes durante o ano.


You May Also Like

0 comentarios


---