Graduación da Promoción 2018-19

por - 4.6.19



Este venres 31 de maio tivo lugar a cerimonia de graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato deste curso 2018-19. Durante todo o fin de semana multitude de fotos e vídeos encheron as redes sociais con imaxes do evento festivo que compartimos. Recopilamos hoxe neste post e neste album de Google algunhas desas imaxes e vídeos "non oficiais", para ir abrindo boca e nuns días subiremos as demáis.

Este día comunidade do instituto, alumnos, profesores, familias, personal do centro, vivimos con calor (literal e metafóricamente) e sobretodo con emoción, a despedida dunha promoción máis que chegou e marchou.

Queridos graduados e graduadas, desexámosvos o mellor para o futuro que vos agarda. E sabede que sempre poderedes volver ao noso centro, porque sempre seredes parte do IES Adormideras.





Vídeo cortesía de Begoña Plaza

You May Also Like

0 comentarios


---