Rematamos este curso 2018/19 con algunhas imaxes do Festival de Fin de curso que celebramos no Salón de Actos, presentado por Tatiana e Marta de 4° de ESO, no que puidemos gozar das actuacións do alumnado de Música tocando a flauta, alumnado de distintos cursos, como Hanah, Sara, e Aldara cantando e bailando e mesmo ao profesor Víctor tamén enriba do escenario. Mentres tanto, os que preferiron mover o corpo, atopábanse na pista deportiva xogando a xogos populares.
Chegou xa o momento de cerrar este ciclo e coller forzas para o que ven. Desexamos a todos que pasedes moi bo verán e que nos vexamos á volta uns e que vos vaia moi ben nos vosos novos fogares outros.
0 comentarios