O pasado mércores 13 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á representación de Xurso Souto "Universo Coruñento". A visita tivo lugar no Centro Ágora, foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e, como podedes ver nas imaxes, pasámolo de marabilla!
Xurxo Souto acompañounos a descubrir a Coruña máis descoñecida que, de tan evidente, non somos quen de ver.
Tal como recollen na web do concello, "Nesta viaxe virtual contamos cun precioso instrumento: a lingua galega, potente localizador que nos conducirá cara ao Xogadoiro, á Coiramia, ás Cernadas, ao Camiño Novo, ao Campo do Carballo, a Alcabaleiros, a Rabaleira e a outras moitas xeografías (ocultas) da cidade que habitamos".
Hai 2 días
0 comentarios