Na visita, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, os alumnos e alumnas asistiron a unha charla onde puideron coñecer as formas tradicionais de aproveitar a enerxía e a súa evolución ao longo da historia.
Tamén fixeron un percorrido guiado por unha vivenda bioclimática demostrativa onde puideron comprender a importancia da arquitectura bioclimática no aforro enerxético e na mellora da nosa calidade de vida.
Finalmente puideron coñecer os avances tecnolóxicos que teñen lugar no terreo da produción de enerxía renovable a través da observación directa do funcionamento dos aeroxeradores no taller de enerxía e visitando un aeroxerador in situ.
A visita ao parque permitiu que os nosos alumnos e alumnas tiveran a posibilidade de adquirir unha maior sensibilidade e conciencia do esgotamento de recursos enerxéticos e a necesidade dun uso responsable da enerxía na súa vida diaria.
Grazas ao equipo de educadores do parque de Sotavento por levar a cabo unha visita que fomentou a aprendizaxe significativa dos alumnos e alumnas e á vicedirectora do noso centro, María Álvarez, pola súa axuda na organización da actividade.
O Departamento de Tecnoloxía
0 comentarios