O pasado decembro tivemos o pracer de recibir a visita da xestora cultural
Rosario Sarmiento, que nos trouxo o seu documental Arte + Muller + Galicia, galardoado co premio Luisa Villalta de cultura e igualdade Deputación de A Coruña. Ademáis, o alumnado de 2º do Bacharelato de Artes, a quen iba destinada a actividade, tivo a oportunidade de debatir coa autora sobre o tema da arte feita por mulleres en Galicia.
Esta actividade, organizada pola vicedirectora, María Álvarez, enmárcase dentro das propostas e a financiación do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Agradecemos moito ao fotógrafo Xurxo Lobato as imaxes da charla que compartimos aquí.
Imaxe Xurxo Lobato |
|
|
|
Imaxe Xurxo Lobato |
Imaxe Xurxo Lobato |
0 comentarios