Concurso exposición poemas vangardistas

por - 9.3.20

Desde a materia de Literatura Universal Contemporánea e a profesora Ana Garnelo, o alumnado de 1º de Bacharelato elaborou uns interesantes poemas de inspiración vangardista sobre o tema do amor. Acaso existe un tema máis universal ao redor do cal traballen os artistas?

Durante estas últimas semanas puidestes ver a exposición dos poemas, realizados en formatos moi variados, na entrada do instituto. Realizouse tamén un concurso para elixir os mellores traballos e os máis populares. Próximamente compartiremos aquí os nomes dos alumnos premiados.

Parabéns polos estupendos e inspiradores traballos realizados.










You May Also Like

0 comentarios


---