Estamos vivindo unha situación moi excepcional. Desde o xoves 12 que o Presidente da Xunta comunicou que as clases se suspendían en todos os centros educativos, ata hoxe luns levamos vivido sucesivas actualizacións da situación sanitaria en toda España e en Galicia.
A día de hoxe, como ben saberedes todos, hai un estado de alarma decretado para as próximas dúas semanas, que nos impedirá á maioría saír da casa máis que o extrictamente necesario.
Agardamos que esta medida sirva para normalizar a situación e que poidamos reanudar as nosas vidas con todos nós igual de sans que cando empezamos.
As actividades lectivas deixarán de ser presenciais pero poderán continuar online. Todos os recursos que o profesorado pon á disposición do alumnado se atopan recollidos na nosa páxina web. Na maioría dos casos, seguiredes traballando nas Aulas Virtuais que xa se usaban ata o momento. Tamén se crearán outras novas e se usarán outras ferramentas telemáticas para que poidades seguir o curso do mellor xeito posible.
Visitade a web do centro con regularidade para estar ao tanto de todas as actualizacións da información que se poidan producir. Para calquer consulta, recordade que o correo electrónico do centro é ies.adormideras@edu.xunta.es
Visitade a web do centro con regularidade para estar ao tanto de todas as actualizacións da información que se poidan producir. Para calquer consulta, recordade que o correo electrónico do centro é ies.adormideras@edu.xunta.es
Moita saúde para todos. Neste blog seguiremos publicando as últimas actividades realizadas antes do parón obrigado.
0 comentarios