Hai unhas semanas o alumnado de 2º de BAC de Artes visitou o Museo de Belas Artes da Coruña, onde nos ensinaron varias mostras moi interesantes.
Por unha banda, fixemos un percorrido polos fondos do museo reflexionando sobre o papel da muller nas obras expostas e a flagrante ausencia de mulleres artistas nesta e moitas coleccións de arte. Por outra tivemos a oportunidade de visitar a interesante exposición temporal con obras de Luis Seoane.
A visita foi organizada polo Departamento de Artes Plásticas e a alumnado estivo acompañado polas profesoras Beatriz, Ruth e Montse.
0 comentarios