Asun, Dosi, Fernando, Laura, Ánxeles, Manuel. Coñecedes as súas caras e quizáis tamén os seus nomes. Cruzádesvos con eles polos pasillos, ou os atopades atendéndovos desde detrás dun mostrador. Sin eles o traballo e a convivencia de tantas persoas no instituto non sería posible. Nunca. Pero este ano, sen dúbida, aínda menos.
Desde o mes de xuño os nosos compañeiros traballaron arreo para que todo estivese preparado para un curso tan complicado e diferente como o que temos entre mans.Tomaron medidas, moveron mesas e mobles, colocaron sinais e carteis, baleiraron armarios, limparon almacéns, recolleron libros, encargáronse das vosas matrículas, fixeron e desfixeron todo iso e moito máis.
Grazas por todo e que teñades moi bo curso!
0 comentarios