Espazos reconvertidos

por - 17.11.20

Outra das adaptacións que tivemos que facer este curso para respectar o máximo posible as normas de hixiene impostas polo protocolo COVID, continuando co mesmo horario e evitando o uso de mamparas consistiu en prescindir de todas as aulas específicas, algúns talleres e distintos espazos do centro como a Aula de Plástica, o Salón de Actos, a aula de Volume e a Biblioteca. Tamén o alumnado, exceptuando o de 2º de Bacharelato e algúns casos especiais, perdeu o dereito a usar as taquillas.

Outros, afortunadamente, poidémolos conservar. Agardamos que a situación se solucione o antes posible e poidamos recuperar a organización dos espazos que tanto nos gustaba.

 




You May Also Like

0 comentarios


---