Apolo lavando as mans, romanos abrindo fiestras, romanos mantendo distancia de seguridade, romanos levando máscaras... Estas son algunhas das imaxes que penduran no corcho da clase de 4º ESO B, produto dos traballos de cartelería para prever a co-vid en latín.
Unha vez máis, Inés, a nosa mestra de Latín, propón unha actividade na que temos que transmitir unha mensaxe mediante un dos medios máis poderosos e evocadores: a arte.
Esta tarefa, que foi traballo feito nas vacacións de Nadal, consistía en transmitir mensaxes apelantes para o cumprimento das medidas de prevención contra o coronavirus, pero dun xeito creativo e didáctico, co requerimento de que a norma estivera en latín e ilustrado mediante un debuxo ou colaxe.
Non só tivemos que traballar e plasmar a nosa creatividade, tamén aprendemos mediante o proceso: acadamos o coñecemento da tradución destas frases tan presentes no noso día a día en latín.
Podemos afirmar con certeza que agora, se entramos nun espazo público, veremos as seguintes indicacións: gardar a distancia de seguridade; botar xel desinfectante; usar obrigatoriamente a máscara...
Pois ben, na aula de 4ºB, ademáis de atopar estas indicacións, tamén poderás ler saepe lavare manus, induere personam, necesse est stare procul e aprire portas et fenestras. As bases da nosa seguridade escritas no idioma base, que agocha nunha morea de idiomas actuais, que é a nai do noso galego e que desfrutamos tanto aprendendo coa nosa mestra.

Elba Meléndrez Bergantiños 4º ESO B
0 comentarios