O noso instituto participa de novo no certame organizado pola Deputación da Coruña e Promove Consultoría, para elaborar o segundo Catálogo de mulleres Ilustradas que nesta ocasión serán todas galegas.
Neste catálogo preséntanse os retratos -feitos por estudantes do Bacharelato de Artes e das Escolas de Artes da provincia da Coruña- de mulleres cuxos logros as fan merecedoras dunha maior proxección e recoñecemento do que teñen nos medios e na sociedade (que probablemente se tivesen nacido homes). Coa nosa participación queremos apoiar ao movemento feminista e a favor da igualdade co que Adormideras sempre estivo comprometido.
O noso alumnado participante é de 1º e 2º de Bacharelato, coas súas profesoras Marisa Calvete e María Álvarez, e fíxose unha selección previa para elixir os vinte retratos que presentamos ao certame e que a continuación compartimos con tod@s vós.
Seguro que á maioría non as coñecedes así que animámosvos a buscalas nas redes para sacalas dese anonimato inmerecido. Entre todos os traballos presentados ao certame elixiranse cincuenta para formar parte do Catálogo e haberá un premio de 100€ para gastar en material artístico para os seis mellores retratos.
Sorte aos nos@s artistas!!!
María Álvarez, profesora de Debuxo Artístico e Vicedirectora
Pinchando nas imaxes, podeds ver cada obra con maior detalle:
0 comentarios