Durante o mes de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes tivo a oportunidade de facer unha visita ao Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC). Para adaptarnos ás restriccións deste ano, a visita tivo que desenvolverse de xeito dixital, en remoto, pero ao menos puidemos achegarnos á explicación guiada dun centro de arte. Nas imaxes podedes ver os grupos 2º D e 2º H.
Hai un día
0 comentarios