Hoxe queremos felicitar ás nosas alumnas premiadas no I Concurso A mirada violeta de dona Emilia, convocado polo Concello da Coruña, Rosalía Meléndrez Bergantiños, Elba Meléndrez Bergantiños, Irene González Calvo, Raquel González Calvo, estudantes de 1º e 4º de ESO e 1º do Bacharelato de Artes, respectivamente. Acadaron premios e accésit tanto na categoría literaria como na gráfica, amosando as súas inquietudes relacionadas coa igualdade e a diversidade de antes e de agora.
Nas imaxes podedes velas en María Pita, recibindo os premios da man da concellala de Igualdade, Yoya Neira.
Podedes ler esta noticia no diario La Opinión do 05/05/2021.
0 comentarios