Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, as nosas alumnas, Sofia San Miguel Monterroso e Ana Amigo Ribet e a profesora do Departamento de Física e Química, Liliana, viaxaron a Santiago de Compostela para participar na masterclass sobre física de particulas organizada polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Alta Enerxía) na Escola Técnica Superior de Inxeñería da USC (ETSE).
Alí puideron traballar na análise de resultados detectando partículas subatómicas cos datos que lle facilitaron desde o CERN e ata detectaron un boson de higgs!
0 comentarios