Novo éxito na Olimpíada de Física

por - 26.3.22



Brais Otero Lema, alumno de 2º de Bacharelato do IES Plurilingüe Adormideras, foi seleccionado para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física, despois de celebrarse a fase autonómica, organizada polas Universidades galegas o pasado venres 4 de marzo.

O éxito acadado polo noso instituto é maior se cabe se temos en conta que nos últimos cinco anos catro dos nosos alumnos clasificáronse para dito certame nacional e ademais un deles obtivo finalmente en dita proba medalla de prata.

La Voz de Galicia faise eco da noticia.

Parabéns a Brais e ao seu profesor, Nono, por este gran éxito, e moitos ánimos para a dura proba que espera!


Imaxe: La Voz de Galicia

You May Also Like

0 comentarios


---