Hai uns días compartiamos a noticia do paso á fase nacional de Brais na Olimpíada de Física e hoxe felicitámolo pola súa medalla de bronce, tal como se recolle neste artigo de La Opinión. Compartimos unhas palabras do seu profesor, Nono García Bastida:
O pasado venres 29 de abril, o alumno de 2º de bacharelato do noso centro, Brais Otero Lema, participou na Olimpíada Española de Física. Dita participación foi posible despois de que Brais acadase un dos preciados seis postos como representante galego para disputar dita proba.
Foi o venres 4 de marzo cando Brais realizou o duro exame de selección organizado polas universidades galegas e nel conseguiu un resultado fantástico se temos en conta que participou moitísimo alumnado de toda Galicia e só habendo seis postos en disputa.
Este logro non é casualidade e foi posible grazas á capacidade e a actitude positiva e sacrificada de Brais. A axuda do profesor de Física, Antonio Jesus García Bastida (coñecido por Nono entre os alumnos e compañeiros) encantado na tarefa de preparación das probas, atopou sempre no alumno a disposición a ir sempre máis aló nesta materia.
O éxito de Brais é tamén un éxito para o noso instituto, que aínda é maior, se temos en conta que nos últimos cinco anos catro dos nosos alumnos clasificáronse para dito certame nacional e ademais un deles obtivo finalmente en dita proba unha medalla de prata.
0 comentarios