Mapoula con Historia. A nosa revista de historia

por - 19.5.22


Nas últimas semanas de 2º de Bacharelato, coa axuda para cordinarnos da nosa profesora, Lucía Saez, vímosnos na oportunidade de traballar investigando diferentes temas sobre a Historia de España e épocas pasadas, recopilando o noso traballo nunha revista ou noticieiro dixital, “Mapoula con Historia”. Todo o traballo está publicado en galego, escrito por moitos voluntarios como unha actividade extra do noso curso.

Para isto, contamos co apoio de varios compañeiros, cos que nos dividimos o traballo en diferentes grupos. Corretores, equipo de búsqueda de imaxe, dirección da páxina… Finalmente, as primeiras publicacións saíron á luz, motivándonos moitísimo na nosa labor.

Como corretor e redator, podo afirmar que está a ser unha experiencia totalmente enriquecedora para min e espero que da mesma forma para todos os que lean os nosos artigos. A páxina é pública, calquera persoa pode vela desde este enlace. Animádevos a visitar o noso proxecto!

Luis Iglesias, 2°Bach E






You May Also Like

0 comentarios


---