Premio "Informatízate" para Raquel González Calvo

por - 4.6.22

A nosa alumna Raquel González Calvo ven de acadar o 1º premio no concurso "Informatízate", da Escola Superior de Enxeñería da USC. O concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), ao mesmo tempo que contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.

A continuación podes ver o vídeo galardoado, e imaxes da entrega de premios que tivo lugar de xeito online, con Raquel acompañada pola nosa vicedirectora, Concha Martínez.

Moitos parabéns!





You May Also Like

0 comentarios


---